domingo, 29 de julio de 2012

XEADO DE AMEIXAS



Ingredientes:

500 g de ameixas peladas e sen oso
300ml de nata
azucre




Pelamos as ameixas, quitamoslle os osos e triturámolas.

Disolvemos o azucre (a cantidade según gustos) nunha pouca auga tibia e mesturámolo coas ameixas.

Montamos a nata e incorporámola suavemente ó puré, facendo movementos envolventes para que non se baixe.

Levamos ó conxelador e cada media hora remexemos para que non se formen cristais, 2 ou 3 veces.

*Desta vez en lugar de nata empregamos unha mestura de requeixo e  leite, tamén quedou moi ben.

2 comentarios:

  1. Si cambias un par de cucharadas de azúcar por otras dos de miel, evitarás la cristalización de forma natural. En los helados industriales se utiliza la glucosa para evitarlo.

    ResponderEliminar