miércoles, 22 de mayo de 2013

NESTE MOMENTO HAI...

Os produtos que hai de tempada no Recuncho:

Fabas, ceboletas, coliflores, espinacas, acelgas, leitugas e mezclum, puerros, fresas e en breve chegan os guisantes.


 


 

PASTA CON SALSA DE COLIFLOR E ALCAPARRAS

Xa estamos coas últimas coliflores desta tempada, que se despediran ata finais de outono. Como ben sabedes as follas tamén se comen, no inverno son unhas follas moi tenras e suaves, cun sabor moi fino para ser unha "berza" jajaja. A estas alturas do ano co bo tempo póñense un pouco máis duras, só é cuestión de paciencia e telas un pouco máis de tempo ó lume. Por contrapartida a flor ten un sabor moito máis suave e están moi tiernas. Cocíñanse nun plis e non cheiran nada de nada. Así que a animarse a facer as últimas receitas de coliflor desta tempada.

 

Ingredientes:

1 coliflor
1 cebola
2 puerros
1-2 dentes de allo
1 puñado de alcaparras
Pasta


  1. Cocemos a coliflor en ramiños cun chisco de sal.
  2. Facemos un sofrito coa cebola, os puerros e o allo.
  3. Trituramos a coliflor cun pouco da auga da cocción para que quede cremosa.
  4. Mesturamos o sofrito, coa crema de coliflor e engadimos as alcaparras. Deixamos cociñar tapado a lume baixo.
  5. Cocémola pasta como teñamos costume.
  6. Servimos a pasta coa crema de coliflor.

COLIFLOR CON SALSA DE MOSTAZA

Non deixedes de probar esta combinación. O sabor que lle da esta salsiña á coliflor vaille xenial. A foto un desastre pero de sabor rico rico.


A salsa faise con 5 culleradas de maionesa, 1 cullerada de "mostaza a la antigua" e 1 cullerada de mel.  Mesturase ben para integrar os ingredientes e lista para salsear a coliflor cocida ou feita ó vapor.


miércoles, 10 de abril de 2013

FRASE DA SEMANA


SOPA DE ESPINACAS, IOGUR E ARROZ

¡Qué ricas están estas sopiñas quentes nestes días de frío! ¿para cando a primavera este ano????

O sabor pareceume unha mezcla entre arroz caldoso con verduras e alioli. Gustoume moito. Iso sí tenvos que gustar o allo!!


Ingredientes (para 2-3):
1 mollo de espinacas frescas
100g de arroz
1 litro de caldo
1 cebola pequena
3 iogures naturais (sen azucre)
2 dentes de allo

Primeiro póchase a cebola picada pequena. Engádense as espinacas cortadas a tiras e deixanse reducir. (5-10 minutos)
Neste momento incorporamos o arroz damos unhas voltas e engadimos o caldo a ferver. Rectificamos de sal e deixamos que o arroz se cociñe.
Aparte batimos os iogures cos dentes de allo ben machacados e engadimos a mestura á sopa. Quentamos sen deixar que chegue a ferver e servimos ben quente. Bó proveito.

http://www.balticmaid.com/2011/07/labaneya-egyptian-yogurt-and-spinach-soup/