domingo, 14 de septiembre de 2014

ROLIÑOS DE VERDURAS {Calabacin&Espinacas}

Ainda que a foto non é de moita calidade, asegúrovos que están riquísmos.


Ingredientes:
-Un atado de espinacas
-Dous cabaciños
-Unha cebola
-Allo
-Bechamel
-Especias ó gusto

O primeiro de todo é cortar o cabaciño en láminas finas e polos nun escurridur cun chisco de sal para que solten auga.
Por outro lado, limpanse as espinacas e deshidrátanse nunha tixola. Unha vez deshidratadas colócanse nun escurridor para eliminar a auga que poida quedar.
Faise un sofrito co allo, a cebola e un pouco de cabaciño e engádeselle as espinacas e as especias elixidas. Isto mestúrase cun pouco de bechamel e xa temos o recheo feito.
Para montalos roliños collemos tres tiras de calabacín e colocamolas paralelas entre sí. Pomos una cullerada do recheo nun borde e enrollamos.
Colocamos os roliños nunha bandexa para o forno, cubrimos con bechamel e se queremos un pouco de queixo e horneamos durante 15-20 minutos.
A disfrutar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario