domingo, 29 de julio de 2012

AMEIXAS

Se así de bonitas estaban as ameixeiras en flor, así o están cargadiñas de froito.



Non fai falta que vos anuncie que estamos en tempo de ameixas, supoño que xa todos o sabedes pola súa presencia nas cestiñas.

As ciruelas son moi ricas en vitamina C, E, ferro, magnesio, calcio, potasio e sodio entre outros, ademáis de aportar unha gran cantidade de fibra. 
As que vos levamos nas cestas, ademáis de sabor, teñen todas estas propiedades xa que maduran ó sol no árbol e colleitámolas e levámosvolas directamente á casa sen pasar grandes periodos almacenadas en cámaras e demáis.


E como todo o bo remata, temos que aprobeitar e desfrutar delas na súa tempada, no seu punto óptimo que é agora, comelas de tódolos xeitos que se nos ocurran ata quedar satisfeitos ata o ano que ven. Ainda que sempre as poderemos comer no inverno en forma de mermelada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario