martes, 17 de julio de 2012

PASTA CON CREMA DE GUISANTES

O bo dos guisantes é que ainda que teñen unha tempada tan curta, conxelan moi ben e podemos desfrutar deles durante todo o ano. Neste caso non son conxelados por que con este ano tan tolo, climatolóxicamente falando, acabamos de ter a estas alturas unha nova colleita. Mentres que as xudías que é o que tiñamos que estar comendo estanse facendo esperar máis da conta.
Pero bueno as xudías de seguro chegarán e é estupendo poder comer outra vez guisantes frescos.

Ingredientes:
1  vaso de guisantes
2 puerros
Pasta
Un puñado de amendoas ou noces
Nata



Por unha banda cócese a pasta en abundante auga con sal e por outra pochamos os allos porros cos guisantes.

Pelamos e picamos as améndoas e engadimosllas ós guisantes.

Cando o refrito este douradiño botamos a nata, remexemos uns minutos e trituramos ben co batedor eléctrico.

A crema queda cun sabor a guisante moi rico, eu deixeina así, pero se o preferides podedes engadir algunha especia como mostaza ou mesmo uns anaquiños de xamón ou panceta fritida que suavizarán o sabor a guisante.

Servimos por separado ou mesturamos a mezcla coa pasta unhas voltas ó lume e listo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario