viernes, 13 de julio de 2012

EMPANADA DE ACELGAS

Aquí vai a receita da empanada de acelgas, está riquísima, incluso para os que non son moi entusiastas destas verduras. Os que viñestes visitarnos o día das portas abertas puidestela probar e polo que sobrou parece que si vos gustou.

Para o amoado ou recheo da empanada precísanse unhas cebolas, uns dentes de allo e un par de puerros tamaño recuncho.
Pícanse ben e sofrítense nunha tixola con aceite de oliva. Tamén lle engadimos unhas tiras de pementos de piquillo dos que envasamos en outono. Cando comeza a estar dourado, escórreselle a maior parte do aceite e engádense as acelgas cortadas en xuliana (ou ó voso gusto).

Por outra banda prepárase a masa con 200g de fariña integral de centeo, 200g de fariña integral de trigo, 1 ovo, un pouco lévedo ou masa nai, sal, o aceite sobrante de fritir as cebolas (o que retiramos antes) e auga a ollo, segundo precise. Amásase ben, deixase repousar e divídese a masa en dous. Cada parte estírase coa forma da empanada ata deixala ben fina. Nunha das partes exténdese o recheo e tápase coa outra, séllase arrolando a masa polos bordes, pínchase por riba cun tenedor e lista para ir ó forno.

O de darvos os tempos e a temperatura xa é máis complicado por que co forno de pedra todo é a ollo. Pero máis ou menos entre 180º-200º e entre 20-30 minutos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario