jueves, 21 de junio de 2012

¿CHEGA O VERÁN?

Chega o verán e o cambio de estación traerá moitas cousas á horta, ainda que con este tempo faranse esperar. Deixaremos atrás as verduras de folla para que cheguen as froitas e froitos.
Irán aparecendo calabacíns e pepinos, os ansiados tomates, xudías e máis tarde xa a partir de agosto pementos, berenxenas e mazás, será o tempo de colleitar as patacas e para rematar en setembro sandias, melóns, moras e uvas.

 As prantas de pepinos que medran ben rápido e as fresas que cos calores frean o seu crecemento.


As espinacas de Nueva Zelanda, que teñen o seu mellor momento no verán.

Os pementos como sempre medrando paseñiño paseniño e xa non digamos as berenxenas que son as raiñas da tranquilidade. Todo o contrario que os cabaciños que son das prantas máis rápidas da horta.

O primeiro tomate atrevido que se "puxo colorado" este ano, a ver se os outros van tomando exemplo.

Os allos porros a florecer para darnos sementes e completar o ciclo e os pequenos puerriños recén plantados para comer durante o inverno.



As froitiñas que xa van tomando forma.





Un novo "cultivo experimento".


 As flores tamén teñen as súas tempadas, agora tócalle o turno as calas que están preciosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario