Xa temos o noso secador solar. Despois de ver varios modelos, decidímonos a construir o noso propio secador solar con materiais reciclados.
Este permitiranos conservar froitas, verduras, setas, herbas aromáticas e menciñeiras... E así matar dous paxaros dun tiro: almacenar os excedentes do verán e poder consumilos durante o inverno.
Este tipo de secador e dos chamados "de tipo indirecto" xa que o calor non da directamente sobre os produtos, senón que estes sécanse por acción do aire quente que circula a través do secador. Conseguindo deste xeito unha maior calidade do produto final, que conserva tódalas súas propiedades nutricionais.
Básicamente consta de dúas partes: o colector de calor e a cámara de secado.
- O colector está en pendente para que a calor suba a través del. A entrada de aire está no punto máis baixo e está conectado á cámara de secado na parte superior. Ten o fondo cuberto de plástico negro que reflicte a calor e fai que haxa unha maior temperatura.
- Na cámara de secado están as rejillas onde se pon o que vaiamos secar. Ten unha ventana na parte máis alta que fai que o aire quente circule e secándo así o que poñamos dentro.
O único que hai que facer e ir orientándoo cara o sol segun vai pasando o día, para que os raios do sol incidan perpendiculares ó colector.
Na foto non se aprecia demasiado ben, pero pódese intuir a través da redeciña, está o colector de calor forrado con plástico negro.
A ventana superior que fai que o aire circule polo interior da cámara de secado.
A cámara de secado coas bandexas están á espera de encherse de tomates.
As primeiras probas cuns cabaciños, agora temos que investigar polo
método científico (proba-error) ata dar cos grosores e tempos máis
axeitados.
Aqui se ve como quedaron as primeiras rodajas, seguro que
estarán riquísmas nos guisos de inverno ou en pizzas... ou no que se nos
ocurra..
Veo que el proyecto ya está preparado y en pleno funcionamiento ;-)
ResponderEliminarAhora hay que comprobar los resultados :-)
Pues a ver si se aclara el tiempo por que lloviendo....como que no.
ResponderEliminarTendremos que aprovechar los dias soleados al máximo, cualquiera se despista!