lunes, 30 de julio de 2012

SECADOR SOLAR

Xa temos o noso secador solar. Despois de ver varios modelos, decidímonos a construir o noso propio secador solar con materiais reciclados. 
Este permitiranos conservar froitas, verduras, setas, herbas aromáticas e menciñeiras...  E así matar dous paxaros dun tiro: almacenar os excedentes do verán e poder consumilos durante o inverno.


Este tipo de secador e dos chamados "de tipo indirecto" xa que o calor non da directamente sobre os produtos, senón que estes sécanse por acción do aire quente que circula a través do secador. Conseguindo deste xeito unha maior calidade do produto final, que conserva tódalas súas propiedades nutricionais.

Básicamente consta de dúas partes: o colector de calor e a cámara de secado.
  • O colector está en pendente para que a calor suba a través del. A entrada de aire está no punto máis baixo e está conectado á cámara de secado na parte superior. Ten o fondo cuberto de plástico negro que reflicte a calor e fai que haxa unha maior temperatura.
  • Na cámara de secado están as rejillas onde se pon o que vaiamos secar. Ten unha ventana na parte máis alta que fai que o aire quente circule e secándo así o que poñamos dentro.


O único que hai que facer e ir orientándoo cara o sol segun vai pasando o día, para que os raios do sol incidan perpendiculares ó colector.


Na foto non se aprecia demasiado ben, pero pódese intuir a través da redeciña, está o colector de calor forrado con plástico negro.







A ventana superior que fai que o aire circule polo interior da cámara de secado.






A cámara de secado coas bandexas están á espera de encherse de tomates.


As primeiras probas cuns cabaciños, agora temos que investigar polo método científico (proba-error) ata dar cos grosores e tempos máis axeitados.



Aqui se ve como quedaron as primeiras rodajas, seguro que estarán riquísmas nos guisos de inverno ou en pizzas... ou no que se nos ocurra..

2 comentarios:

  1. Veo que el proyecto ya está preparado y en pleno funcionamiento ;-)
    Ahora hay que comprobar los resultados :-)

    ResponderEliminar
  2. Pues a ver si se aclara el tiempo por que lloviendo....como que no.
    Tendremos que aprovechar los dias soleados al máximo, cualquiera se despista!

    ResponderEliminar