jueves, 4 de octubre de 2012

ZARANGOLLO MURCIANO

Esta é unha receita tradicional de Murcia, con poucos ingredientes, grandes resultados. Sobretodo se a materia prima é boa ;-). Como case sempre tentamos traer receitas sinxelas para que vos animedes coas verduriñas, e darvos ideas de cociñarlas de diferents xeitos.

Desta vez soamente se precisan cabaciños, cebola e ovos.

Primeiro pícanse o cabaciño e a cebola en cubiños. Eu necesitei dous cabaciños mediano-grandes e dúas cebolas pequenas. Póñense a fritir en abundante aceite a lume moi baixo, remexendo de cando en vez (eu tívenos 1hora).

Cando as verduras estén ben pochadas botámolas nun coador para lle escorrer o máximo aceite posible.

Batemos os ovos (puxen 5) cun pouco sal, poñemos as verduras de novo na sartén e botasmoslle os ovos batidos. Imoslle dando voltas a lume ben suave para que quede jugoso.

É importante facelo a lume suave para que non quede seco, nos comémolo acompañado duns pementos á prancha, moi ricos tamén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario