viernes, 14 de septiembre de 2012

POSTO NA FEIRA DE SEMENTES, 22 SETEMBRO

O vindeiro día 22 de setembro estaremos en Redondela onde se celebra o 5º Encontro de Sementes organizado pola Rede Galega de Sementes. 

Nel tódalas persoas que teñan sementes tradicionais, que eles mesmos obteñan das súas colleitas,  poden traelas para intercambiar con outras persoas nunhas mesas dispostas para tal fin.

Ademáis ó longo do día haberá distintas charlas e obradoiros e unha feira con postos de produtores e artesáns onde teremos un posto coas nosas verduras e tamén produtos que elaboramos.


Quedades convidades a achegarvos ata Redondela o sábado 22.

Unhas fotos de postos que puxemos outros anos




No hay comentarios:

Publicar un comentario