viernes, 5 de octubre de 2012

STRUDEL DE ESPINACAS

O Apfelstrudel é un postre típico da zona de Austria e Alemaña que basicamente consiste nun arrolado de masa e mazá. Pódese facer con masa filo, brick ou como neste caso de hoxaldre.

A partir desa idea: un rollo de masa con "algo" dentro. Podemos facer tódalas variantes que se nos ocurran, tanto preparacións doces como salgadas.

Neste caso recheámolo cunhas ricas espinacas de Nueva Zelanda (foto da esquerda), que cos fríos que chegan despediranse ata a seguinte primavera. Dando paso a súa vez ás espinacas de folla ás que estamos máis acostumados a ver, e a esta outra variedade de espinacas xigantes (foto da dereita) que máis se asemellan a acelgas que a espinacas. Moi ricas tamén.
Así, con estas tres variedades de diferentes tempadas conseguimos ter espinacas frescas durante todo o ano.

















A preparación da receita é moi sinxela. Lávanse as espinacas, sécanse moi ben e pícanse un pouco. Bátese un ovo cun pouco sal e mestúrase coas espinacas.

Exténdese a masa elexida, neste caso hoxaldre. Póñense as espinacas ben repartidas sen chegar ós bordes e por riba bótanse cachiños de queixo. Tamén se lle pode engadir atún, o cachiños de xamón, ó voso gusto.

Enrróllase a masa empezando por un dos bordes e lévase ó forno, nuns 20 minutos a 180º está listo. Bo proveito!



No hay comentarios:

Publicar un comentario