sábado, 13 de octubre de 2012

PASTA CON SALSA DE CABAZA

Este ano temos unha boa colleita de cabazas, sobretodo cacahuete, así que comezo dándovos ideas.


Receita sinxela, con poucos ingredientes, pero ben rica.
Necesítase: un bó anaco de cabaza, unha cebola pequena, nata e pasta.


Pícase a cebola e refógase cun pouco aceite de oliva. Cando comece a dourar engádese a cabaza en cubiños.Rectificamos de sal e salteamos.
Cando á cabaza esté brandiña engádese a nata. Deixamos reducir e xa temos a salsa lista para mesturar coa pasta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario