miércoles, 22 de agosto de 2012

TABULÉ

Esta é unha receita de verán, típica da zona do Magreb e o Líbano, na que podemos comer as hortalizas do Recuncho nunha ensalada algo diferente. 
Ademáis de sinxela é moi versátil, podémoslle engadir o que máis nos guste: pemento, leituga, perexil, cilantro...

Ingredientes para 2:
160g de cuscús ou bulgur
Verduriñas da nosa horta: 1 pepino, 1 tomate, 1 mazá e 1/2 cebola
Atún e olivas (opcional)
sal, pementa, aceite de oliva e vinagre ou zume de limón

Preparación:
Primeiro poñemos a ferver auga, necesitaremos a mesma cantidade de auga fervendo que de cuscús.

Pelamos e cortamos en anaquiños todas as verduras. Aliñamos ó gusto e mesturamos ben.

Nun recipiente poñemos o cuscús (previamente lavado). Cando a auga esté a ferver vertémola no cuscús e tapamos. Deixamos repousar 10 minutos tapado.
Ó cabo do tempo, destapamos, salpimentamos, engadímoslle un pouco aceite de oliva e cun tenedor imos soltando os grans do cuscús. Remexemos ben e mesturámolo coas verduras que tiñamos reservadas e xa temos listo o noso tabulé rico rico.

1 comentario: