viernes, 14 de septiembre de 2012

PASTEL DE CABACIÑO E XAMÓN COCIDO

Unha das moitísimas receitas de pastel de cabaciño que se poden facer. Desta vez moi sinxela e con poucos ingredientes.


Necesítanse:
500g de cabaciño
4 ovos
250 de xamón cocido
200g de fariña
60ml de aceite de oliva
100g de queixo


Córtanse o cabaciño, o xamón e o queixo en anaquiños pequenos e mestúranse ben.
Por outro lado bátense os ovos co aceite e mestúrase coa fariña. Salpiméntase ó gusto.
Xúntanse as dúas partes ata que quede todo ben repartido e vértese nun molde. 
Metemos ó forno a 180º uns 30 minutos e listo. Bo proveito!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario