Despois de tanto tempo comezamos nova tanda de receitas outono-invernais. Desta vez unha de coliflor: rica riquísima, do mesmo xeito que a receita de pakoras que temos publicada, é apta ata para os menos amigos desta verduriña.
Nesta receta imos empregar levadura nutricional, xa que posúe un saborciño a queixo moi rico que acompaña moi ben á coliflor.
Tamén se pode facer a variante non vegana da receita usando leite e queixo en vez de levadura e bebida vexetal.
Ingredientes:
- Unha coliflor pequena ( aproximadamente 400gr)
- 2 ou 3 dentes de allo
- 3 culleradas rasas de levadura nutricional (tamén pode ser levadura de cervexa)
- Leite vexetal, no noso caso de avea
- Pasta
Preparación:
- Nunha tixola salteamos os allos laminados cun pouco de aceite. Con moito coidado de que non se queimen.
- Cando o allo dore, engadimos o leite e quentamos ata que ferva.
- Engadimos sal, pementa ó gusto do consumidor e a coliflor. Cocemos a lume moderado e deixamos a salsa cocendo ata que estea feita.
- Pasamos a nosa salsa pola batidora onde lle engadimos a levadura nutricional.
- Cocemos a pasta e mesturamos coa salsa.
- Listo, bo proveito!.
Podedes ver as fotos e a receita orixinal con algunha variación neste enlace. Espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario