lunes, 5 de agosto de 2013

HABITANTES DO RECUNCHO

Sintoo pero o noso amigo ourizo non se deixa fotografar. Mentras non teña unha cámara con infrarrojos non volo poderei ensinar, xa que solo aparece polas noites. 
Así que vos revelo o "misterio" sen probas! 
Pois si, a foto misteriosa era a "coviña" na que o ourizo hibernou no recuncho. 
Foi fino, quedouse dentro do invernadoiro! ¿cantos de vos acertastes que se trataba do escondite dun ourizo? eu a verdade e que non tiña nin idea de que hibernaban, pero si, parece que iso non solo é cousa de osos jeje.

Pero estes outros si que posaron para o blog. Mirade que chulos!

A estas orugas encántanlles as plantas de ruda e de eneldo.

Os abellóns, fans aférrimos das flores de consuelda e borraja. Sempre hai algún nelas. Tamén nas fabas cando é o tempo.

Este díptero é casi transparente.



Saltón de calabacín en calabacín.

Sapito








3 comentarios:

  1. Que fotos más chulas,algunas sirven como fondo de pantalla :)

    ResponderEliminar
  2. vaia fauna bonita que tedes no recuncho!

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que si. Hai moitos, uns máis chulos os ca outros jeje.
    Tamén son bonitas as libélulas e as mariposas pero non hai quen as pille un segundo quietas!

    ResponderEliminar