jueves, 25 de julio de 2013

XULLO 2013

Canto tempo sen actualizar! Estes son meses de moito traballo na horta, co "bo tempo" todo medra axiña, aquí van unhas fotos para que vexades o que cambiou neste tempo.

FLOR E MINI XUDÍA


FLOR DE MELÓN, xa se entrevé o pequeno melonciño.


ESPINACAS DE NOVA ZELANDA. Na súa mellor época do ano, cheísimas de sabor.


NOVIDADE NO RECUNCHO: ACELGA DE PENCA VERMELLA. Nas vosas casas a partires de Setembro, ainda que xa vos están chegando as minifollas no mezclum. ¿Recoñecéstela?


FLORES DE CEBOLA, LEITUGA E ESCAROLA PARA SACAR SEMENTE

 
 












 



 









CABACIÑOS. Que chegaron para quedarse!, iremos botándolle imaxinación para comelos de diferentes maneiras por que estarán nas nosas mesas tódalas semanas.


 CABAZAS. As raiñas do outono xa están a medrar a bo ritmo, para estas aínda haberá que esperar uns mesiños. Cada cousa ó seu tempo! Ö igual que os caquis.


















E por último esta feliz abella na busca de pole nunha flor de cabaza, libre de pesticidas que a desorienten ou maten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario