lunes, 25 de marzo de 2013

SEMENTES DE LIBERDADE

De novo un video sobre as sementes, non nos cansamos, xa que o problema e verdadeiramente alarmante, xa que está en perigo a soberanía das sementes e polo tanto a nosa alimentación. 


No video usan a expresión: "Os solos convírtense en drogadictos". Nunca a escoitara antes, e gústame xa que resume moi ben o que acontece.
Cando empregas produtos químicos os solos fanse dependentes e comeza o círculo vicioso. 
Cos pesticidas, herbicidas e fertilizantes químicos mátase toda a vida do solo (insectos,adventicias,microorganismos...) en definitiva acabamos coa súa fertilidade natural. 
Unha vez esgotados os solos, estes fanse dependentes. Nos seguintes cultivos hai que volver empregar os químicos para obter rendemento e así cada vez máis e máis. Os solos cada vez precisan de máis fertilización, as pragas fanse resitentes e precisas insecticidas máis potentes e polo tanto máis caros, cos herbicidas pasa o mesmo...
Sendo moi complicado sair deste círculo por que todo te presiona  a estar dentro. As sementes e plantas que compras xa veñen deseñadas para ser dependentes deste sistema de produción. E o mercado esixe uns produtos estandarizados que cumplan requisitos que só se dan se sigues ese sitema produtivo.

No video tamén se fala de patentes de sementes, transxénicos, soberanía alimentaria...

Que non nos enganen dicindo que a agricultura intensiva é o único xeito de acabar coa fame no mundo, xa que todos sabemos que neste planeta as cousas non funcionan de forma altruista.

Os sistemas agroecolóxicos tradicionais empregan menos terras, menos auga e menos recursos. Proporcionannos alimentos sanos e nutritivos á vez que promoven a biodiversidade protexendo os solos, a auga e o entorno.
Son máis resistentes ao cambio climático e ós que nos proporcionarán un verdadeira seguridade alimentaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario