martes, 11 de diciembre de 2012

SOPA DE BRÉCOL E QUEIXO

En nada chega o inverno, tempo de coliflores e brecos. Esta sopiña rica para os días fríos gusta a todos.


Ingredientes:
Cabeciñas de brécol do Recuncho
1 cebola pequena
Queixo (150g chedar e 60g gouda)
25g de fariña
500ml de leite
55g de manteiga
500ml caldo de polo

Primeiro pícase a cebola e ponse a cocer co caldo de polo a lume baixo, uns 20 minutos. 

Cocíñase o brécol (cocido ou ó vapor) e resérvase para o final.

Aparte, derrétese a manteiga e engádese a fariña sen deixar de remover. Engádese o leite ós poucos sen deixar de remexer para que non se fagan grumos. Deixase quecer uns 5-8 minutos ata que comece a espesar.
Engádese o caldo de polo e remóvese ata quedar ben mesturado. Incorpóranse os queixos e cando estén derretidos incorporamos o brécol. Rectificamos de sal (seguramente non faga falta engadirlle sal porque o queixo e o caldo xa son salgados), deixamos uns minutos e servimos quente.

Rico, riquísmo, o brécol e o queixo casan de maravilla.


FONTE: http://www.melskitchencafe.com/2008/12/broccoli-cheese-soup.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario