miércoles, 16 de mayo de 2012

MAIO

Non hai tormenta que non escampe, e despois de case un mes seguido chovendo parece que sae o sol de novo.
Con este tempo que tivemos a horta deu un frenazo en seco, todo estaba a medrar moi axiña, incluso de máis, xa que aquí na "alta montaña" sempre vamos máis lentos. Pero este ano estaba todo adiantadísimo, os planteis que sempre nos custa varios intentos sacalos adiante este ano creceron moi ben na primeira sembra (polas boas temperaturas do inverno)... pero bueno chegaron as chuvias que tanta falta facían e con elas o frío a destempo. Dentro de pouco os refráns metereolóxicos quedarán no esquecemento co cambio climático.

Unhas fotiños de como está a horta neste Maio que marcea:

As froitiñas seguen a medrar a bo ritmo:


Os guisantes están cheos de flores.

As plantas de tomate recén entutoradas e cheas de flores.

Os primeiros tomates e cabaciños xa empezan a asomar, os tomates ainda tardarán uns meses en porse colorados.



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario