sábado, 21 de abril de 2012

PRÓXIMAS FUMIGACIÓNS AÉREAS

Están previstas fumigacións aéreas masivas nos eucaliptais galegos, cun veleno que está a piques de prohibirse en Europa pola súa grande toxicidade.

Ainda que se poden tomar outras medidas, esta actuación é totalmente absurda neste tipo de cultivo, que como todos sabemos só serve para malvenderse para a fabricación de pasta de papel a costa de desprazar a flora e fauna autóctona, secar acuíferos naturais e arrasar a fertilidade dos solos forestais (seguro que os afeccionados ás setas ben sabedes que debaixo dun eucalipto non medra nada).

Ademáis estas fumigacións están previstas coincidindo coa floración dos eucaliptos que é un periodo de grande actividade de abellas. Este veleno é letal para ás colmeas, xa moi reducidas polo uso continuado de praguicidas. As abellas teñen un papel importantísimo no ecosistema xa que son as polinizadoras por excelencia, e ainda que non sexamos conscientes a nosa alimentación depende delas en gran medida.

Cunha fumigación aérea o 40% do veleno non cae na area obxectivo e dispersase por quilómetros á redonda afectando a acuíferos, animais, prantas e persoas.

Coma sempre esta medida só ten fins económicos que benefician a uns poucos. 

Diversos colectivos están a movilizarse para que as fumigacións non se leven á cabo.  
Paremos xa con esta tolemia!


ENLACES
http://fumigacionsnon.org/

http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/749-sos-abellas-a-xunta-de-axente-comercial-da-patronal-quimica-e-pasteira-quere-envelenar-os-montes

http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-conservacion/969-a-insensatez-de-realizar-fumigacions-aereas-de-pesticidas-sobre-monocultivos-de-eucalipto

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=785
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=783

http://www.concellodemelide.org/actualidade/nova.php?id=839&lg=gal

No hay comentarios:

Publicar un comentario