lunes, 26 de marzo de 2012

PRIMAVERA NO RECUNCHO

Chegou a primavera e con ela chegaron as flores. 



Os ritmos da horta van cambiando co despertar do inverno, os días son máis longos e todo crece máis axiña. Tivemos un inverno moi seco que traerá as súas consecuencias na horta.

Pero non só florecen as árbores, na horta, as verduras de inverno tamén o fan. Repolos, nabizas, brécol, berzas... xa "están a subirse". E pronto o farán os puerros, acelgas, remolachas, espinacas de inverno, ceboletas... Na horta ecolóxica isto é algo normal, as plantas non están forzadas e seguen os seus ritmos biolóxicos naturais. Temos que deixar unhas plantas de cada florecendo para que nos dean as sementes para o ano seguinte.

Brécol en flor

Mentres que as verduras de inverno van pechando o ciclo, hai que sementar as plantas que nos darán os froitos en verán, e entremedias fabas, guisantes, armuelles, remolachas, leitugas e rabanitos veñen en camiño. 
Plantas de fabas

Flor do guisante
Así irán quedando atrás as verduriñas das que demos boa conta este inverno e coa nova estación aparecerán novas cousiñas nas cestas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario