viernes, 27 de enero de 2012

COCA DE VERDURAS

Esta coca é unha receita moi sinxela, que se pode facer coas verduras que teñades na casa (cabaza, pemento, tomate, cebola, berenxena, allo porro, brecol, allos tenros, cenoria…).


 Ingredientes:
 
     200gr de fariña
     70gr de auga
     60gr de aceite de oliva
     Verduras ó gusto

Para a base amásase a fariña coa auga, o aceite e un pouco sal. Estírase ata deixala ben fina.

Colócanse por riba os ingredientes escollidos. Neste caso salsa de tomate, cabaciño, atún , espinacas, ourego e sementes de sésamo e liño.

Metemos no forno precalentado a 180º uns 40 minutos e listo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario