jueves, 25 de julio de 2013

DÚAS GALEGAS

Aquí vos presento a estas dúas patacas que estamos a recuperar. 
Son dúas variedades tradicionais galegas, desas que están case desaparecidas por que xa apenas se cultivan. 
Non se cultivan por que coma no resto dos cultivos  o que se busca é a productividade, a boa conservación, a uniformidade na forma e tamaño... polo que estas patacas non lle interesan a ningún gran productor, nin comercializador. Nin moito menos as multinacionais que venden as sementes e insumos.

Pola contra a nos si que nos interesan, son variedades de patacas ben adaptadas a esta zona e o seu clima, moi baixo dependentes en insumos, pouco vulnerables ás pragas. E ademáis están riquísmas.

O único pero, é que ides ter que esperar para probalas, xa que como dixen estamos "recuperándoas" e polo de agora so temos cantidade para volvelas a prantar para o ano que ven. Este é o segundo ano que colleitamos e polo menos queda outro. Tende paciencia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario