sábado, 30 de marzo de 2013

CROQUETAS DE CABAZA E QUEIXO

Repetimos receita con cabaza, desta vez salgada, unhas ricas croquetas.


Ingredientes:
1/2 Kg de cabaza
1 cebola grande ou 2-3 cebolletas pequenas
2 dentes de allo
150g queixo relado (parmesano ou outro queixo curado)
Ovo e pan relado
  1. Pícase a cebola e póchase a lume baixo cun pouco aceite de oliva. Cando comecen a estar dourados engadimos a cabaza (previamente asada ou feita ó vapor) e dámoslle unhas voltas á vez que imos esmagando lixeiramente.
  2. Incorporamos o queixo e un chisco de pementa negra, deixamos uns minutos e retiramos do lume para que arrefrie.
  3. Coa masa fórmanse as boliñas, empánanse e frítense en aceite ben quente.
*Dependendo do tempo que teñamos podemos sofritir a cabaza a lume baixo ou incorporala xa cocida ou asada.

Paso a paso aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario