domingo, 6 de enero de 2013

TORTILLA DE BRÉCOL

Este prato é moi fácil e rápido, con unicamente dous ingredientes temos outra forma diferente e sabrosa de comer este superalimento, o brécol, que ten moitos nutrientes e moi poucas calorías. É moi rico en ácido fólico, azufre, betacaroteno, vitamina C, vitamina K, vitaminas do grupo B, calcio, ferro, potasio, selenio,yodo,  zinc..

Esta tortilla vai ideal acompañada cunha ensalada, ou unha sopa de primeiro. Bo proveito!


Tan sinxelo como cociñar o brécol (ó vapor, cocido...) e mesturalo con ovo batido e sazonar. Volcar a mestura nunha tixola quente e facer a tortilla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario