jueves, 20 de noviembre de 2014

PASTA ALFREDO VEGANA (DE COLIFLOR)

Despois de tanto tempo comezamos nova tanda de receitas outono-invernais. Desta vez unha de coliflor: rica riquísima, do mesmo xeito que a  receita de pakoras que temos publicada, é apta ata para os menos amigos desta verduriña.
Nesta receta imos empregar levadura nutricional, xa que posúe un saborciño a queixo moi rico que acompaña moi ben á coliflor.
Tamén se pode facer a variante non vegana da receita usando leite e queixo en vez de levadura e bebida vexetal.


Ingredientes:
  • Unha coliflor pequena ( aproximadamente 400gr)
  • 2 ou 3 dentes de allo
  • 3 culleradas rasas de levadura nutricional (tamén pode ser levadura de cervexa)
  • Leite vexetal, no noso caso de avea
  • Pasta

Preparación:

  1. Nunha tixola salteamos os allos laminados cun pouco de aceite. Con moito coidado de que non se queimen.
  2. Cando o allo dore, engadimos o leite e quentamos ata que ferva.
  3. Engadimos sal, pementa ó gusto do consumidor e a coliflor. Cocemos a lume moderado e deixamos a salsa cocendo ata que estea feita.
  4. Pasamos a nosa salsa pola batidora onde lle engadimos a levadura nutricional.
  5. Cocemos a pasta e mesturamos coa salsa. 
  6. Listo, bo proveito!.
Podedes ver as fotos e a receita orixinal con algunha variación neste enlace. Espero que vos guste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario