martes, 10 de abril de 2012

ACELGAS Á VASCA

Ingredientes:
Acelgas
Patacas
Allo
Ovo
Pan relado 

Por unha parte cocer as patacas coas pencas das acelgas cortadas en anacos grandes.
Cando estén cocidas escurri-las pencas, rebozalas e fritilas.
Por outra banda dourar o allo nunha sartén e engadi-las follas das acelgas picadas. Cando estén cociñadas engadir as patacas cocidas e esmagar. Engadir un pouco da auga de cocelas verduras.
Mesturar coas pencas rebozadas e servir. Bó proveito

No hay comentarios:

Publicar un comentario