viernes, 2 de marzo de 2012

SOBRE A IMPORTANCIA DA DIVERSIDADE AGRÍCOLA

Perdemos biodiversidade a pasos de xigante. 

A nosa alimentación está baseada no traballo de domesticación animal e selección de variedades vexetais que mulleres e homes levan facendo ó longo da historia. Seleccionando e mellorando cultivos e razas, facéndoas resistentes ás condicións ambientais máis diversas. Feito que fai posible que os seres humanos poidamos habitar dende os desertos ata as fronteiras árticas, dende o nivel do mar ata os 4000m de altura. 

Pois toda esta riqueza estase a perder dunha forma desproporcionada: O 90% do consumo de proteína animal depende de pouco máis de 10 especies, mentres que o 70% da nosa alimentación provén de 12 especies vexetais. 

 A pérdida de biodiversidade provoca unha erosión genética irreversible que nos fai cada vez máis vulnerables. 
 
Fai 30 anos nos EE.UU. un só fungo destruiu tódalas plantacións de millo no sur do país. En Irlanda, no século XIX, outro fungo deixou os campos sen unha soa pataca e matou de fame a máis dun millón de persoas. 

Estas dúas situacións resolvéronse recurrindo a especies e variedades de cultivo distintas, que resistían estas enfermidades. Pero, a próxima vez podería acontecer que non haxa ningunha variedade á que recorrer. 

Se as prantas florecen á vez, se os grans son todos do mesmo tamaño, se os froitos son todos iguais tal e como pide o consumidor, se as camadas son cada vez máis numerosas e gañan máis peso, a actividade agrícola e gandeira faise máis rendible. O problema desta uniformidade é que ademaís de productividade tamén significa vulnerabilidade. 

O consumidor ten moito que decir ó respecto da conservación das variedades locais. As grandes superficies prefiren alimentos estandarizados, lonxe da impresionante riqueza de formas, colores, texturas, tamaños e sabores que teñen as variedades locais. A uniformización da producción leva a un consumo estandarizado, os mesmos produtos e os mesmos sabores vaias onde vaias e en calquer momento do ano, un pesadelo do que nin sequera nos percatamos. 

Variedades de tomate
O consumo cego das grandes superficies provoca a desaparición do produto especial, do peculiar, do local, que sin duda é o mellor de todos. 

  • CONSUME PRÓXIMO: produtos cercanos, sen quilómetros e quilómetros de transporte detrás deles, madurados no seu punto óptimo e sen longas tempadas de almacenamento en cámaras frigoríficas. 
  • CONSUME DE TEMPADA: A maioria dos vexetais son de tempada, estamos acostumados a que en calquer día do ano hai á venda tomates, laranxas, kiwis... Isto é un engano xa que ó non ser colleitados maduros e facelo en cámaras, carecen das vitaminas e minerais polas que estas a pagar. Ademáis de que se perde o incomparable sabor e textura que ten un froito na súa época. Isto non quere dicir que non poidamos comer froitas e verduras durante todo o ano. Hai unha grande cantidade deles que se van sucedendo ó longo do ano: laranxas, kiwis e mandarinas no inverno; fresas, albaricoques, brevas, nísperos... na primavera; mazás, ameixas, pexegos, sandías, uvas, melóns... en verán; moras, castañas,caquis, marmelos... en outono
  • CONSUME ECO-LÓXICO: produtos sans e naturais, sen ningún químico de síntese, respetuosos co medio e con tódolos seus nutrintes ademáis de sabor, olor...

No hay comentarios:

Publicar un comentario