jueves, 26 de enero de 2012

PRESENTACIÓN


Con esta entrada inauguramos o blog, que ten como obxectivos por unha banda darnos a coñecer e para os que xa alimentades ás vosas familias cos produtos do recuncho, ensinarvos de onde ven o que comedes.

Recuncho Verde é unha horta que cultivamos de xeito respetuoso co medio e as persoas (sen ningún tipo de aditivo químico).
Intentamos rescartar as sementes "autóctonas" que xa cultivaban as nosas avoas. Son plantas moi ben adaptadas e resistentes e por suposto co mellor sabor. Non hai nada como comer un tomate con sabor a tomate.

Pero tamén empregamos sementes da asosiación francesa "Kokopelli" que traballan na protección da biodiversidade ecolóxica das sementes de todo o planeta. Deste xeito tamén podemos disfrutar dunha ampla variedade de alimentos, se cadra, menos coñecidos, pero dignos da nosa atención.

Todo isto proporcionanos un entorno de traballo san e agradable que nos fai disfrutar e aprender cada día.

2 comentarios:

  1. Bueno, aqui teneis una fiel seguidora...yo ya me he suscrito a vuestro blog.

    un abrazo,

    anna

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias Anna, me alegro que te haya gustado.
      Un abrazo

      Eliminar